From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ford T, tamén coñecido como Tin Lizzie e o Flivver, foi un vehículo de baixo custo producido pola Ford Motor Company de Henry Ford desde 1908 ata 1927.[1] Con este modelo popularizouse a produción en cadea e estendeuse a adquisición dos automóbiles á clase media.
Ford T | |
Fabricante | Ford Motor Company |
País | Estados Unidos |
Deseño | Henry Ford Childe Harold Wills Joseph A. Galamb Eugene Farkas |
Produción | 15 007 033 unidades |
Período | 1908 - 1927 |
Dimensións | |
Lonxitude | 3404 mm |
Anchura | 1676 mm |
Altura | 1860 mm |
Distancia eixes | 2540 mm |
Peso | 540 – 750 kg |
Características técnicas | |
Motor | 2,9 L, 20 hp L4 |
Modelos relacionados | |
Antecesor | Ford S, Ford N |
Sucesor | Ford A |
Con 15 millóns de unidades vendidas, foi o coche máis vendido da historia antes de ser superado polo Volkswagen Escaravello en 1972,[2] e aínda estaba oitavo na lista dos dez primeiros, en 2012.[3]
O Modelo T deseñouno Childe Harold Wills, e os inmigrantes húngaros Joseph A. Galamb (enxeñeiro principal)[4][5] e Eugene Farkas.[6] Henry Love, C. J. Smith, Gus Degner e Peter E. Martin tamén formaron parte do equipo,[7] do mesmo xeito que os compañeiros inmigrantes húngaros de Galamb, Gyula Hartenberger e Károly Balogh.[4] A produción do Modelo T comezou no terceiro trimestre de 1908, o 1 de outubro.[8] Os coleccionistas actuais ás veces clasifican os modelos T segundo o ano de construción e refírese a estes como "ano modelo", polo que etiquetan os primeiros T como modelos de 1909. Trátase dun esquema de clasificación retroactivo, o concepto de modelo ano tal como se entende hoxe non existía nese momento. Aínda que se produciron revisións do deseño durante as dúas décadas de produción do coche, a compañía non deu un nome particular a ningún dos deseños revisados; todos eles foron chamados simplemente "Modelo T".
Co seu motor de catro cilindros e tan só 20 Cv de potencia podía chegar á velocidade máxima de 71 km/h, cun peso contido para a súa época de 1200 kg; consumía un litro cada 5 km.
O modelo T incluía novidades que outros vehículos da competencia non ofrecían como era o volante situado no lado esquerdo de grande utilidade para a entrada e saída dos ocupantes, tamén incorporaba grandes adiantos técnicos como o conxunto bloque do motor, cárter e cegoñal nunha soa peza, utilizando para isto unha aliaxe lixeira e resistente de aceiro de vanadio.
Caracterizouse por ser moi espartano, características propias dos vehículos de Henry Ford e a súa política de produción: a cadea de montaxe, grazas á cal puido rebaixar o seu prezo inicial de 850 $ ata 360 $, motivo polo cal se converteu no modelo favorito da sociedade traballadora industrial.
Aínda que Ford clasificou o Modelo T cunha designación dunha soa letra durante toda a súa vida útil e non fixo distinción por anos de modelo, fixéronse cambios significativos na carrozaría ao longo da vida útil para que o coche se clasifique en varias xeracións de estilos. Os cambios máis inmediatamente visibles e identificables foron nas zonas do capó e da capota, aínda que se realizaron outras moitas modificacións no vehículo.
O estilo da última "xeración" foi un adianto para o seguinte Modelo A, pero os dous modelos son visualmente bastante diferentes, xa que a carrozaría do A é moito máis ancha e ten portas curvas en oposición ás portas planas do T.
O Ford T foi o primeiro auto global da industria. No ano 1921, case o 57% da produción mundial de automotores correspondía ao Ford T, que se fabricaba en varios países e vendíase nos cinco continentes a través de sucursais autorizadas, en diferentes versións e alternativas de uso[9].
Mentres que Ford logrou status internacional en 1904 coa fundación de Ford no Canadá, foi en 1911 cando a compañía comezou a ampliarse rapidamente en ultramar, coa apertura das Plantas de ensamblaxe de Inglaterra, a Arxentina (1912) e Francia, seguida por Dinamarca (1923), Alemaña (1925), Austria (1925), e tamén Suráfrica (1924) e Australia (1925) como subsidiarias de Ford do Canadá debido ás tarifas preferenciais dos países da «Commonwealth» a que pertencían.
A finais de 1913 Ford Motor Co. decidiu instalar en Buenos Aires a primeira sucursal latinoamericana e a segunda no mundo despois da de Inglaterra. En 1917 e tras comercializar máis de 3500 vehículos comeza a importación de autos desarmados para ser montados en Buenos Aires.
En 1925 inaugurouse a primeira Ford de Latinoamérica na Arxentina, e comezouse coa manufactura do Ford T. En 1927 a unidade nº 100.000 do Ford T. A fins dese ano presentouse o Ford A, sucesor do modelo "T" que foi descontinuo nos Estados Unidos tras producirse máis de 15 000 000 de unidades.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.