Foraminíferos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os foraminíferos ou Foraminifera ("que levan buracos") son un gran filo de protistas ameboides. Están entre as especies máis comúns do plancto mariño. Presentan pseudópodos reticulados, formados por finos cordóns de citoplasma que se ramifican e se fusionan formando unha rede dinámica.[1] Producen tipicamente unha testa ou cuncha, que pode ter unha ou múltiples cámaras, algunhas das cales teñen unha estrutura moi elaborada e son importantes na súa clasificación.[2] Estas cunchas están feitas de carbonato de calcio (CaCO3) ou partículas de sedimentos aglutinadas. Existen unhas 10.555 especies recoñecidas, tanto vivas coma fósiles[3]. O seu tamaño é xeralmente menor de 1 mm, pero algúns son máis longos, e a especie máis grande mide 20 cm.[4]
Foraminíferos Rango fósil: Precámbrico - Recente | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Live Ammonia tepida (Rotaliida) | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Ordes | |||||||||
Allogromiida |