política grega From Wikipedia, the free encyclopedia
Fofi Gennimata, nada en Atenas o 17 de novembro de 1964[1] e finada na mesma cidade o 25 de outubro de 2021,[2] foi unha política grega, presidenta do PASOK.
Era filla de Georgios Gennimatas, un dos fundadores do PASOK. Estudou Ciencias Políticas na Universidade de Atenas e traballou no Banco Nacional de Grecia desde 1986, ata que con 50 anos[3] se retirou[4].
Pertenceu ás mocidades do PASOK e foi membro de varios comités sectoriais do partido. Mais tamén activa desde 1986 na Unión de Mulleres de Grecia (Ένωση Γυναικών Ελλάδας). No ano 2000 entrou por vez primeira no Parlamento e ao ano seguinte no Comité Central do PASOK. En 2002 deixou o parlamento para concorrer ás eleccións como cabeza de lista do seu partido á superprefectura de Atenas-O Pireo, permanecendo como xefe da superprefectura ata 2007, ano no que deixou o seu posto para presentarse ás eleccións lexislativas pero a xustiza botou atrás a súa canditura ao ir contra o artigo 56 da Constitución, que lles impide os representantes locais participar nas eleccións lexislativas durante o seu mandato, mesmo se cesan antes.
Despois das eleccións de 2009 o primeiro ministro Giorgios Papandreu nomeouna viceministra de sanidade e en 2010 asumiu o cargo de viceministra de educación, ata 2011. En marzo de 2012 converteuse na voceira do seu partido.[5] Elixida deputada nas eleccións de xaneiro de 2015, desde o 14 de xuño de 2015 ata o seu falecemento foi a presidenta do PASOK.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.