Floración de algas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A floración ou bloom de algas é un crecemento rápido ou acumulación de microalgas en augas doces ou mariñas. Adóitanse recoñecer por descoloración das augas. Ás floracións producidas por cianobacterias chámanselles floracións de algas azul-verdosas. As mareas vermellas son outro tipo de floración debido ao aumento da biomasa especies de dinoflaxelados[1]. Só nalgúns casos, cando existe altas concentracións en puntos locais como baías ou estuarios, poden ter efectos nocivos no consumo humano. As floracións de algas que derivan en efectos prexudiciais para animais ou para o consumo humano denomínanse floracións de algas nocivas. Non todas as floracións de algas nocivas causan unha coloración das augas. Cando o teñen, móstranse como un caso máis das mareas vermellas[2].