Fitopatoloxía
estudo das doenzas das plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A fitopatoloxía[1] (tamén chamada patoloxía vexetal) é a ciencia que se ocupa do estudo, diagnóstico e control das doenzas das plantas. Cobre o estudo dos axentes infecciosos que atacan plantas e desordes abióticas ou enfermidades fisiolóxicas, mais non inclúe o estudo de danos causados polos herbívoros coma insectos ou mamíferos. Calcúlase que no mundo se perden arredor do dez por cento da produción dos alimentos por mor das doenzas das plantas.