Fita de San Xurxo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A fita de San Xurxo (en ruso: Георгиевская ленточка) ou fita dos gardas no período soviético é un símbolo militar ruso consistente nunha fita cun deseño de tres raias negras e dúas laranxas. Utilízase como compoñente de moitas altas condecoracións militares concedidas polo Imperio Ruso, a Unión Soviética e a actual Federación Rusa.
A principios do século XIX a fita de San Xurxo utilizouse como unha fita de concienciación para conmemorar aos veteranos da fronte oriental da segunda guerra mundial (coñecida en Rusia e países postsoviéticos como a Gran Guerra Patriótica). É o principal símbolo que se usa asociado co Día da Vitoria. Ten moita popularidade en Rusia como símbolo patriótico, así como unha maneira de mostrar apoio público ao goberno de Rusia.[1] Desde 2014 o símbolo pasou a ser máis controvertido en certos países postsoviéticos como Ucraína e os países bálticos, debido á súa asociación co sentimento prorruso e separatista,[2] especialmente despois do comezo da invasión rusa de Ucraína de 2022, cando foi asociada co nacionalismo e o militarismo rusos.[3]