Filmes propostos ó mellor filme internacional na 36ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os seguintes 14 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 36ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Grecia, Italia, o Xapón, Polonia e España.
O gañador foi 8½ de Federico Fellini, en representación de Italia.[1]
Polonia e a Unión Soviética presentaron os seus filmes por vez primeira. Despois desta edición, Paquistán non volveu presentar un filme até o ano 2013, con Zinda Bhaag.