Filmes propostos ó mellor filme internacional na 46ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os seguintes 20 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 46ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, Alemaña Occidental, Israel, os Países Baixos e Suíza. O galardón recaeu sobre Francia, co filme A noite americana, sendo a sexta vez que gañou o premio dende a súa creación.[1]
Finlandia e Alemaña Oriental presentaron filmes a competición por primeira vez.
Scener ur ett äktenskap foi declarado inelixible, o que provocou controversia. A suposta razón foi que se emitiu na televisión antes de ser estreada en cinemas, mais nese tempo iso non provocaba a inelixibilidade necesariamente. Neste caso, foi porque a emisión televisiva ocorreu máis dun ano antes da estrea en salas en 1974.[2] A inelixibilidade do filme fixo que 24 cineastas, incluídos Frank Capra e Federico Fellini, escribisen unha carta aberta pedindo unha revisión das regras.[2]