![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Yorgos_Lanthimos%252C_THE_LOBSTER%252C_Fantastic_Fest_2015_-9674_%252827161878820%2529_%2528cropped%2529.jpg/640px-Yorgos_Lanthimos%252C_THE_LOBSTER%252C_Fantastic_Fest_2015_-9674_%252827161878820%2529_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Grecia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1957. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Yorgos_Lanthimos%2C_THE_LOBSTER%2C_Fantastic_Fest_2015_-9674_%2827161878820%29_%28cropped%29.jpg/640px-Yorgos_Lanthimos%2C_THE_LOBSTER%2C_Fantastic_Fest_2015_-9674_%2827161878820%29_%28cropped%29.jpg)