![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Tareque_Masud_Syl.jpg/640px-Tareque_Masud_Syl.jpg&w=640&q=50)
Filmes de Bangladesh propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bangladesh presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por vez primeira no ano 2002. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Tareque_Masud_Syl.jpg/320px-Tareque_Masud_Syl.jpg)
Até o ano 2023, vinte filmes de Bangladesh foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado para o premio.