Filamento (botánica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En botánica, denomínase filamento á parte basal estéril dun estame, como norma xeral de forma filamentosa, que se sitúa por baixo da antera e a sostén. Varía moito de forma e tamaño, dependendo da familia: pode ser laminar, como en certas familias primitivas (p. ex. Degeneriaceae), estar dividido (p. ex., en certas especies do xénero Allium ou presentar apéndices de forma variable. O filamento presenta un feixe fibrovascular a todo o longo, rodeado de parénquima e cuberto por epiderme. Se o filamento é imperceptible ou falta, dise que a antera é sésil.