Allium
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Allium é o xénero das cebolas, allos, allos porros, ceboliños, chalotas e allos bravos. O cheiro é característico de todo o xénero mais non todos os membros posúen ese sabor forte.
xénero Allium | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cebolas (Allium cepa) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
Anexo:Especies de Allium |
Existen arredor de 1.250 especies neste xénero, aínda que o número non é pacífico, porque Allium é taxonomicamente difícil e son numerosas as especies fronteirizas discutidas.[1] A especie tipo do xénero é Allium sativum.[2]
No Sistema de clasificación APG III Allium inclúese na familia Amaryllidaceae, subfamilia Allioideae (anteriormente, familia Alliaceae).[3] Nalgúns sistemas de clasificación máis antigos, Allium colocábase na familia Liliaceae.[4]
Son plantas bulbosas anuais ou bienais que medran en climas temperados do hemisferio norte, agás unhas cantas especies que medran en Chile, como (Allium juncifolium), no Brasil (Allium sellovianum) ou en África tropical (Allium spathaceum). A súa altura pode variar entre 10 cm e 1,5 m e as flores forman unha umbela ao final dun talo carente de follas. O tamaño dos bulbos varía tamén considerabelmente e forman pequenos arredor do principal. Moitas especies do xénero Allium caracterízanse fitoquimicamente pola formación de sulfuros e sulfóxidos de alilo, en cuxa biosíntese se detectou como principal precursor a aliína.