Fidalguía
membros da nobreza española e portuguesa, sen título hereditario / From Wikipedia, the free encyclopedia
A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento máis baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón).
O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos[1], cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no catastro de Ensenada (1750) só aparecían 10 935 fidalgos, menos do 3% da poboación, concentrados maioritariamente na provincia de Lugo.[2]