![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Luftwaffe_Museum_Fiat_G91_2007.jpg/640px-Luftwaffe_Museum_Fiat_G91_2007.jpg&w=640&q=50)
Fiat G.91
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Fiat G.91 é un caza a reacción italiano deseñado e fabricado por Fiat Aviazione, que posteriormente fusionouse dentro de Aeritalia. O G.91 ten a súa orixe na competición de 1954 NBMR-1, organizada pola OTAN e que buscaba un cazabombardeiro lixeiro (oficialmente, a competición buscaba un "caza de ataque de peso lixeiro" para ser adoptado como equipamento estándar polas forzas aéreas de distintos países da organización. Tras revisar varias propostas, o G.91 elixido como o deseño gaña.dor da competición NBMR-1.
Fiat G.91 | |
---|---|
![]() Fiat G.91 da Luftwaffe | |
Tipo | cazabombardeiro |
Fabricante | Fiat Aviazione / Aeritalia |
Primeiro voo | 9 de agosto de 1956 |
Introducido | 1958 |
Retirado | 1995 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Italia Luftwaffe Forza Aérea de Portugal |
Produción | 1956 - 1977 |
Unidades construídas | 770 |
Variantes | Fiat G.91Y |
O G.91 entrou en servizo operacional coa Forza Aérea de Italia en 1961, e coa Luftwaffe da Alemaña occidental no ano seguinte.[1] Varias nacións máis adoptárono, como a Forza Aérea de Portugal, que fixo un uso extensivo do tipo durante a guerra colonial portuguesa en Angola e Mozambique. O G.91 gozou dunha longa vida útil que se estendeu por máis de 35 anos.
O G.91 fabricouse durante 19 anos, completándose un total de 756 aparellos, incluídos prototipos e modelos de preprodución. As liñas de montaxe pecháronse finalmente en 1977.[1] O G.91 foi usado tamén como base do bimotor Fiat/Aeritalia G.91Y.