From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival de Música e Artes de Woodstock foi o festival máis importante de rock and roll da súa época. Celebrouse nunha leira en Bethel, Nova York, durante os días 15, 16 e 17 de agosto de 1969. Aínda que foi proxectado para 60.000 persoas, asistiron arredor de 400.000, a maioría das cales non pagou a entrada.[Cómpre referencia]
Festival de Música e Artes de Woodstock | |
---|---|
Localización | Woodstock, Nova York, Estados Unidos |
Anos | |
Nº edicións | |
Fundadores | |
Data | 15, 16, 17, 18 de agosto de 1969 |
Xénero | Rock, rock psicodélico, hard rock, blues rock, folk rock |
Organizador | Michael Lang (produtor) John P. Roberts Joel Rosenman Artie Kornfeld |
Web oficial | www.woodstock.com |
Na rede |
Todo o evento provocou un gran balbordo, coa conxestión das estradas próximas e a consideración de Bethel como "área de calamidade pública". O Festival de Woodstock representou un fito no movemento de contracultura dos anos 60, e marcou o auxe da era hippie.
Deu nome ó documental Woodstock, producido por Michael Wadleigh en 1970, que gañou un Óscar ao Mellor Documental no ano seguinte.
O festival coñécese polo nome de Woodstock porque era na vila de Woodstock, tamén en Nova York, onde se ía celebrar nun principio. Porén, a vila non ofrecía un espazo que puidese albergar tanta xente. Procurouse outra localización en Wallkill, mais houbo de cancelarse debido á oposición local. Sam Yasgur persuadiu ó seu pai para que permitise que se celebrase no seu campo de alfalfa no Condado de Sullivan, a uns 60 km ao suroeste de Woodstock.
Coas estradas ateigadas de coches, moitos asistentes camiñaron varios quilómetros até chegar á zona de concertos. Choveu durante a fin de semana, os servizos víronse saturados e a xente compartiu xantar, bebida e drogas. Houbo tres mortos[Cómpre referencia]: un dunha sobredose de heroína, outro atropelado por un tractor mentres durmía nun campo, e outro por mor dunha caída.
Woodstock foi idealizado na cultura popular norteamericana como a culminación do movemento hippie: un festival "gratuíto" ao que medio millón de mozos acudiron para celebrar a paz e o amor. Lémbrase especialmente o sentido de harmonía social, a calidade da música, a enorme masa de asistentes e o ambiente, que reflectía as aspiracións dunha época.
O festival abriu oficialmente ás 17 horas con Richie Havens. Este día presentáronse actuacións máis leves, traendo a maior parte dos artistas folck que participaron.
As actuacións comezaron ás 12:15 do mediodía, e trouxo os principais artistas psicodélicos e de rock do festival.
Os concertos comezaron ás 14 horas con Joe Cocker. Os eventos deste día acabarían atrasando a axenda do festival en nove horas, e no solpor o concerto aínda continuaba a pesar de que a maior parte do público xa marchara.
Para conmemorar os 25 anos do superevento, 250.000 persoas reuníronse no Woodstock 94, en Saugerties, a 135 km de Nova York. Pagaron 135 dólares para oír a corenta grupos de rock. Outra edición celebrouse en 1999, rexistrando altos índices de violencia. O evento mostrouse economicamente inviábel e foi a última tentativa, fracasada, de revivir o mito de "paz e amor" do Woodstock orixinal.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Festival de Música e Artes de Woodstock |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.