![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b1/JESC_2015_Map.svg/langgl-640px-JESC_2015_Map.svg.png&w=640&q=50)
Festival de Eurovisión Júnior 2015
From Wikipedia, the free encyclopedia
O XIII Festival de Eurovisión Júnior celebrouse o 21 de novembro de 2015 en Bulgaria, sendo a primeira vez que este país acolle un evento do festival de Eurovisión. Vladislav Yakovlev es desde 2013 o supervisor executivo do festival.
Festival de Eurovisión Júnior 2015 #discover | |
---|---|
Datas | |
Final | 21 de novembro de 2015 |
Anfitrión | |
Lugar | ![]() |
Presentador(es) | Poli Genova |
Supervisor executivo | Vladislav Yakovlev |
Televisión anfitrioa | BNT |
Participantes | |
Participantes | 17 |
Países que debutan | ![]() ![]() |
Países que retornan | ![]() ![]() |
Países que se retiran | ![]() ![]() |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Cada país da 1-8, 10 e 12 puntos ás cancións máis votadas. Tódolos participantes comezan con 12 puntos. |
Canción gañadora | Not My Soul de Destiny Chukunyere, ![]() |
Festival de Eurovisión Júnior | |
◄2014 ![]() |
Ao igual que a pasada edición, non designouse unha cidade sede, senón que o anfitrión foi Bulgaria como país na súa totalidade.[1]
Para esta edición, houbo dous países debutantes (Australia e Irlanda), dous retornos (Albania e Macedonia) e tres retiradas (Croacia, Chipre e Suecia). Albania regresou ao festival tras unha ausencia de dous anos. Macedonia, un dos 16 países fundadores da versión júnior regresou tralo seu paréntese en 2014. Por outra banda, Croacia, país que regresou a pasada edición tras unha ausencia de sete anos (2007-2013) retirouse debido á crise económica que atravesa o país, ao igual que Chipre; e, por último, Suecia retirouse tras unha reestruturación da súa canle infantil.
Finalmente, Malta con Destiny Chukunyere e a súa canción "Not My Soul", alzouse coa vitoria do Festival 2015, obtendo 185 puntos e superando así a vitoria de España no 2004, que ata ese momento tiña a máxima puntuación con 171 puntos. Armenia, obtivo a segunda praza con Mika e a súa canción de rock and roll "Love". A medalla de bronce foi para Eslovenia coa balada R&B "Prva ljubezen", defendida por Lina Kuduzović, converténdose no mellor resultado do país na súa historia dentro do certame infantil e a súa versión adulta.[2]