From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival da Canción de Eurovisión 2008 foi a 53ª edición do Festival de Eurovisión. Tivo lugar en Serbia e nela participaron 43 estados o que supuxo un novo récord histórico para a organización. O gañador foi Rusia, coa canción Believe, interpretada por Dima Bilan.
O festival foi organizado pola Radio Televisión Serbia. As datas de celebración foron o 20 de maio e o 22 de maio para as semifinais, e o 24 de maio para a final. O lugar foi a Beogradska Arena, un dos polideportivos máis grandes de Europa, cunha capacidade de 23.000 localidades. Os presentadores foron Jovana Janković e Željko Joksimović.
Por primeira vez, o festival desenvolveuse con dúas semifinais. Nelas participaron en total 38 países, distribuídos en dúas sesións de 19. Os únicos países que acoden directamente á final son os catro grandes (Francia, España, Reino Unido e Alemaña) e mais o país organizador, que neste caso foi Serbia.
As votacións desenvólvense co mesmo sistema de puntos ca nas edicións anteriores, pero nas semifinais só poderán votar os países que participen nesa semifinal, ademais dos catro grandes.
Participaron por primeira vez San Marino e Acerbaixán. Austria declinou participar. Por primeira vez tamén houbo un proceso previo de repartición de televisións, para que non puidesen caer demasiadas da mesma zona na mesma semifinal. Así fíxose un apartado para os países latinos, outro para os nórdicos, outros dous para os eslavos...
# | País | Intérprete(s) | Canción | Tradución | Posición | Puntuación |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | Romanía | Nico e Vlad | Pe-o Margine de Lume | No límite do mundo | 20 | 45 |
02 | Reino Unido | Andy Abraham | Even If | Mesmo se... | 25 | 14 |
03 | Albania | Olta Boka | Zemrën lamë peng | Corazóns atrapados no tempo | 17 | 55 |
04 | Alemaña | No Angels | Disappear | Desparecer | 23 | 14 |
05 | Armenia | Sirusho | Quele quele | Veña, veña | 4 | 199 |
06 | Bosnia e Hercegovina | Laka | Pokušaj | Tenta | 10 | 110 |
07 | Israel | Boaz | The Fire In Your Eyes | Lume nos teus ollos | 9 | 124 |
08 | Finlandia | Teräsbetoni | Missä miehet ratsastaa | Onde cabalgan os homes | 22 | 35 |
09 | Croacia | Kraljevi Ulice e 75 Cents | Romanca | Romance | 21 | 44 |
10 | Polonia | Isis Gee | For Life | Para toda a vida | 24 | 14 |
11 | Islandia | Euroband | This is my life | Esta é a miña vida | 14 | 64 |
12 | Turquía | Mor Ve Ötesi | Deli | Enfermo | 7 | 138 |
13 | Portugal | Vânia Fernandes | Senhora do Mar (Negras Águas) | Señora do mar (negras augas) | 13 | 69 |
14 | Letonia | Pirates of the Sea | Wolves of the Sea | Lobos do mar | 12 | 83 |
15 | Suecia | Charlotte Perrelli | Hero | Heroe | 18 | 47 |
16 | Dinamarca | Simon Mathew | All Night Long | Toda a noite | 15 | 60 |
17 | Xeorxia | Diana Ghurtskaia | Peace Wille Come | Chegará a paz | 11 | 83 |
18 | Ucraína | Ani Lorak | Shady Lady | Muller dubidosa | 2 | 230 |
19 | Francia | Sébastien Tellier | Divine | Divino | 19 | 47 |
20 | Acerbaixán | Elnur e Samir | Day After Day | Día tras día | 8 | 132 |
21 | Grecia | Kalomira | Secret Combination | Combinación secreta | 3 | 218 |
22 | España | Rodolfo Chikilicuatre | Baila el Chiki Chiki | Baila o Chiki Chiki | 16 | 55 |
23 | Serbia | Jelena Tomasevic | Oro | A miña dor | 6 | 160 |
24 | Rusia | Dima Bilan | Believe | Cre | 1 | 272 |
25 | Noruega | Maria Haukaas Storeng | Hold On Be Strong | Aguanta, se forte | 5 | 182 |
# | País | Intérprete(s) | Canción | Tradución | Pasan á final[1] |
---|---|---|---|---|---|
01 | Montenegro | Stefan Filipović | Zauvijek volim te | Ámote para sempre | |
02 | Israel | Boaz | The Fire In Your Eyes | Lume nos teus ollos | ✓ |
03 | Estonia | Kreisiraadio | Leto Svet | Luz de verán | |
04 | Moldova | Geta Burlacu | A century of love | Un século de amor | |
05 | San Marino | Miodio | Complice | Cómplice | |
06 | Bélxica | Ishtar | O Julissi | ||
07 | Acerbaixán | Elnur e Samir | Day After Day | Día tras día | ✓ |
08 | Eslovenia | Rebeka Dremelj | Vrag naj vzame | Ao inferno con isto | |
09 | Noruega | Maria Haukaas Storeng | Hold on, be strong | Aguanta, se forte | ✓ |
10 | Polonia | Isis Gee | For life | Para toda a vida | ✓ |
11 | Irlanda | Dustin o Pavo | Irelande, Douze Pointe | Irlanda, doce punta | |
12 | Andorra | Gisela | Casanova | Casanova | |
13 | Bosnia e Hercegovina | Laka | Pokušaj | Tenta | ✓ |
14 | Armenia | Sirusho | Qele, Qele | Veña, veña | ✓ |
15 | Países Baixos | Hind | Your heart belongs to me | O teu corazón é meu | |
16 | Finlandia | Teräsbetoni | Missä miehet ratsastaa | Onde cabalgan os homes | ✓ |
17 | Romanía | Nico e Vlad | Pe-o margine de lume | No límite do mundo | ✓ |
18 | Rusia | Dima Bilan | Believe | Cre | ✓ |
19 | Grecia | Kalomoira | Secret combination | Combinación secreta | ✓ |
# | País | Intérprete(s) | Canción | Tradución | Pasan á final[2] |
---|---|---|---|---|---|
6 | Albania | Olta Boka | Zemrën lamë peng | Corazóns atrapados no tempo | ✓ |
9 | Belarús | Ruslan Alenho | Hasta la vista | Deica | |
12 | Bulgaria | Deep Zone & Balthazar | DJ, Take me Away | DJ, lévame de aquí | |
17 | Chipre | Evdokia Kadi | Femme Fatale | Muller fatal | |
11 | Croacia | Kraljevi Ulice e 75 Cents | Romanca | Romance | ✓ |
13 | Dinamarca | Simon Mathew | All Night Long | Toda a noite | ✓ |
14 | Xeorxia | Diana Ghurtskaia | Peace Wille Come | Chegará a paz | ✓ |
15 | Hungría | Csézy | Szívverés | A luz das velas | |
1 | Islandia | Euroband | This is my life | Esta é a miña vida | ✓ |
10 | Letonia | Pirates of the Sea | Wolves of the Sea | Lobos do mar | ✓ |
5 | Lituania | Jeronimas Milius | Nomads In The Night | Os nómades na noite | |
18 | Macedonia do Norte | Tamara, Vrčak e Adrian | Vo imeto ljubovta | Deixa que te ame | |
16 | Malta | Morena | Vodka | Vodca | |
19 | Portugal | Vânia Fernandes | Senhora do Mar (Negras Águas) | Señora do mar (negras augas) | ✓ |
8 | República Checa | Thereza Kerndlova | Have Some Fun | Pásao ben | |
2 | Suecia | Charlotte Perrelli | Hero | Heroe | ✓ |
7 | Suíza | Paolo Meneguzzi | Era stupendo | Era estupendo | |
3 | Turquía | Mor Ve Ötesi | Deli | Enfermo | ✓ |
4 | Ucraína | Ani Lorak | Shady Lady | Muller dubidosa | ✓ |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.