Festival de Eurovisión 1992
From Wikipedia, the free encyclopedia
O XXXVII Festival de Eurovisión celebrouse o 9 de maio de 1992 en Malmö, Suecia, presentado por Harald Treutiger e Lydia Cappolicchio. Linda Martin foi a vencedora representando a Irlanda coa canción "Why Me?", composta por Johnny Logan, quen previamente gañara o festival nas súas edicións de 1980 e 1987 como cantante e cantautor, respectivamente.
Datos rápidos Festival de Eurovisión 1992, Datas ...
Festival de Eurovisión 1992 | |
---|---|
Datas | |
Final | 9 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Malmömässan Malmö, Suecia |
Presentador(es) | Lydia Cappolicchio e Harald Treutiger |
Acto(s) intermedio(s) | A Century of Dance |
Participantes | |
Participantes | 23 |
Países que retornan | Países Baixos |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | Why Me?, Linda Martin Irlanda |
Festival de Eurovisión | |
◄1991 1993► |
Pechar
O escenario, inspirado na historia de Malmö, estaba presidido pola proa dun barco viquingo cun decorado iluminado dunha ponte como fondo, referente ao Ponte de Oresund que comunicaría Suecia con Dinamarca.