From Wikipedia, the free encyclopedia
Un ferrollo[1] ou pasador[2] é unha barra cilíndrica de ferro que se emprega para pechar e axustar unha porta ou unha fiestra con marco, ou as contras das portas e das ventás.
"Penélope subiu pola alta escaleira que levaba até o seu apousento e asiu con man firme a chave de bronce de suave curvatura e mango de marfil... Desatou a correa do anel, meteu a chave na pechadura e correu o ferrollo con decisión.
O modelo máis sinxelo de pasador, contemporáneo na China e Grecia, e que aínda hoxe se emprega, consistía nunha fendedura na porta para introducir por ela un carabullo curvo que eleva o ferrollo, así, metendo a súa punta polo burato a porta abríase ó correlo ou erguelo. Este arcaico sistema de seguridade foise perfeccionando engadíndolle ó ferrollo pancas de madeira, que o pechar se introducían en buratos.
Nos xacementos arqueolóxicos romanos é común atopar pasadores e chaves de ferro, aínda que a maioría deberon ser de madeira. A finais do século -I aparecen pechaduras máis complexas, con chaves e ferrollos metálicos nos que a chave levantaba as pancas e corría así o ferrollo. O seguinte paso na inventiva da seguridade foi un resorte de ferro que empurraba as pancas nos buratos manténdoas a presión dentro deles. Deste xeito, o ferrollo deu paso á pechadura.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.