From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Ferrero Rocher son bombóns de chocolate con abelás da empresa italiana Ferrero. Teñen forma esférica e unha envoltura de papel dourado. Preséntanse sobre unha bandexa de plástico, nun cofre de plástico envolto nunha lámina de plástico transparente. Están á venda desde 1982.[1]
O 30 por cento do bombón componse de chocolate con leite elaborado, azucre, manteiga de cacao, pasta de cacao, leite desnatado en po, manteiga concentrada e emulxentes (lecitinas de soia e vainillina). Ten tamén un 28,5% de abelás.[1]
Os primeiros anuncios en España protagonizounos Isabel Preysler: preséntanse na súa casa uns amigos que veñen de paseo e sempre ten unha bandexa pequena cos bombóns dispostos en forma piramidal.[2]
Despois Paloma Cuevas foi imaxe dos bombóns.[2] A partir de 2010 a modelo Judit Mascó foi a elixida para protagonizar a campaña na que se segue utilizando a frase "Ferrero Rocher, la expresión del buen gusto".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.