funcionario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Suárez Barcia, nado no Uruguai en abril de 1973, é un político ribadense vinculado ao nacionalismo galego.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | abril de 1973 (51 anos) Uruguai |
Alcalde de Ribadeo | |
2007 – 2023 ← Balbino Pérez Vacas – Daniel Vega Pérez → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ribadeo |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Estudou o ensino medio en Ribadeo, no IES Porta da Auga, facendo logo Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos na Universidade de Santiago de Compostela.[1] É funcionario do concello da Veiga, onde sacou a praza ós 21 anos.[2] Membro do Bloque Nacionalista Galego, foi concelleiro en 1999, e logo Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras e Urbanismo en Ribadeo con 30 anos[2] nun goberno presidido polo socialista Balbino Pérez Vacas (2003).
Nas eleccións municipais de 2007 converteuse en alcalde, cando obtivo coa súa formación un 30,77% dos votos totais nas eleccións municipais celebradas ese ano, sendo a forza política máis votada e ocupando catro escanos no concello (sobre 13), cos que formou grupo de goberno. Dende 2011 é alcalde de Ribadeo con maioría absoluta ao conseguir 7 concelleiros de 13 e a revalidou nas de 2015 (10 de 17) e 2019 (7 de 13).
En decembro de 2022 anunciou que non se presentaba ás eleccións de 2023, sendo substituído na lista do BNG para ditas eleccións por Pablo Vizoso Galdo.[3][4]
Dentro das súas aficións, practica o ciclismo as fins de semana.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.