Fernando Morena
futbolista uruguaio / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Morena Belora, nado en Punta Gorda, Montevideo, o 2 de febreiro de 1952, é un exfutbolista uruguaio que xogaba como dianteiro. Considerado un dos mellores dianteiros uruguaios de tódolos tempos,[1][2][3] é o máximo goleador histórico da Primeira División do Uruguai con 230 goles en 244 partidos,[4] e tamén o máximo goleador da historia do Peñarol, co que marcou un total de 350 goles oficiais, sendo esta a cifra máis alta dun futbolista cun só club uruguaio.[2]
Fernando Morena | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Fernando Morena Belora | ||
Nacemento | 2 de febreiro de 1952 | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1967–1969 | Racing Club de Montevideo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1969–1972 | River Plate de Montevideo | 48 | (27) |
1973–1979 | Peñarol | 140 | (162) |
1979–1980 | Rayo Vallecano | 34 | (21) |
1980–1981 | Valencia | 31 | (16) |
1981–1983 | Peñarol | 50 | (39) |
1984 | Flamengo | 0 | (0) |
1984 | Boca Juniors | 7 | (1) |
1984 | Peñarol | 6 | (2) |
1986 | Peñarol | 0 | (0) |
Total | 316 | (268) | |
Selección nacional | |||
1971–1983 | Uruguai | 53 | (22) |
Adestrador | |||
1988 | Peñarol | ||
1989 | River Plate de Montevideo | ||
1991 | Real Murcia | ||
Huracán Buceo | |||
Rampla Juniors | |||
1996–1998 | River Plate de Montevideo | ||
1999–2000 | Colo-Colo | ||
2003 | River Plate de Montevideo | ||
2005 | Peñarol | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Gañou con Peñarol seis campionatos de liga e foi o máximo goleador da competición durante seis tempadas consecutivas entre 1973 e 1978 e unha sétima en 1982. É ademais o segundo máximo goleador da historia da Copa Libertadores, con 37 goles, cifra só superada polos 57 de Alberto Spencer. Foi o máximo goleador en tres edicións do torneo (1974, 1975 e 1982), proclamándose campión na última delas, na que marcou o único gol na final contra o Cobreloa.
Foi 53 veces internacional coa selección uruguaia, coa que disputou o Mundial de 1974 e gañou a Copa América de 1983.