Karl Ferdinand Braun, nado en Fulda, Alemaña, o 6 de xuño de 1850 e finado en Nova York o 20 de abril de 1918, foi un físico, inventor e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Física en 1909.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Estudou na Universidade de Marburgo e doutorouse en 1872 pola Universidade de Berlín. Foi profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tubinga. Chegou a ser director do Instituto de Física da Universidade de Estrasburgo en 1895.

Investigacións científicas

En 1874, Braun observou que certos cristais semicondutores actuaban como rectificadores, convertendo a corrente alterna en continua, permitindo o paso da corrente nunha soa dirección. Debido a este descubrimento, inventou o receptor de radio de transistores a finais do século XIX.

En 1897 construíu o primeiro tubo de raios catódicos que utilizou para desenvolver o primeiro osciloscopio adaptando os raios catódicos, de tal de maneira que o chorro de electróns do tubo se dirixa cara a unha pantalla fluorescente por medio de campos magnéticos xerados pola corrente alterna. Desde 1898 tamén traballou na telegrafía sen fíos, inventando o rectificador de cristal. Guglielmo Marconi admitiu tomar prestada" a patente de Braun.

En 1909 recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con Marconi, polas súas contribucións ao desenvolvemento da telegrafía sen fíos e especialmente polas melloras técnicas introducidas no sistema de transmisión (circuítos resonantes magnéticamente axustados).

Braun foi aos Estados Unidos ao comezo da primeira guerra mundial para axudar a defender a estación alemá de telegrafía sen fíos de Sayville dos ataques da British Marconi Corporation. Morreu na súa casa de Brooklyn antes do final da guerra en 1918.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.