Fenda dixital
páxina de homónimos de Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A fenda dixital é calquera distribución desigual no acceso, uso ou impacto das tecnoloxías da información e a comunicación entre grupos sociais.[1] Estes grupos poden definirse con base a criterios de xénero, xeográficos ou xeopolíticos, culturais... Debido ó alto custo das TIC, a súa adopción e utilización é moi desigual en todo o mundo.[2]
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2022) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
O termo fenda dixital describe unha fenda de acceso e uso da tecnoloxía da información e da comunicación. Tradicionalmente considerábase unha cuestión principalmente de acceso.[3] Dende 2013, cunha penetración a nivel global de teléfonos móbiles de máis do 95%,[4] a desigualdade relativa exponse entre aqueles que teñen máis e menos ancho de banda[5] e máis ou menos habilidades asociadas.[6]
América Latina converteuse nunha das rexións máis proactivas do mundo en relación coa inclusión da tecnoloxía nos seus sistemas educativos. Estas políticas públicas apuntan a mellorar a inclusión social, a democratización do coñecemento e a redución da fenda dixital.[7][8]