![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/AfricanWildCat.jpg/640px-AfricanWildCat.jpg&w=640&q=50)
Felis silvestris lybica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Felis silvestris lybica é unha subespecie de gato montés que vive no norte de África, Península Arábiga e Oriente Medio, que segundo evidencias xenéticas, morfolóxicas e arqueolóxicas podería ser a orixe do gato doméstico, que foi desbravado hai de 9 000 a 10 000 anos na rexión do Crecente Fértil do Oriente Medio, coincidindo co desenvolvemento da agricultura e a necesidade de protección contra os roedores que se alimentaban do gran[2].
Máis información Felis silvestris lybicaGato montés africano, Estado de conservación ...
Felis silvestris lybica Gato montés africano | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Felis silvestris lybica (Forster), 1780 |
Pechar
A cor da súa pelaxe vai do marrón area ao gris esbrancuxado, con listas negras no rabo e pelo máis curto cá subespecie europea, sendo tamén máis pequeno, mide de 45 a 75 cm de longo, o seu rabo de 20 a 38 cm e pesa entre 3 e 6,5 kg.