A dos felininos (Felini) é unha das tribos en que moitos autores dividen a familia dos félidos (Felidae), que engloba a case todos os xéneros da famiia.
Felini Felininos Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prionailurus bengalensis no zoo de Berlín | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
|
Hai dous grupos principais de felinos, os gatos con dentes de sabre, da extinta subfamilia dos macairodontinos (Machairodontinae) e os gatos con dentes cónicos. Estes úlimos divídense na subfamilia dos panterinos (Pantherinae), que inclúe aos grandes felinos do xénero Panthera e os leopardos nebulosos do xénero Neofelis, e a dos felinos (Felinae), que inclúe ao resto dos gatos, desde os máis pequenos, dos xéneros Felis e Prionailurus, até os máis grandes, dos xéneros Puma e Acinonyx.
Taxonomía
Descrición
A tribo foi descrita en 1817 polo anatomista, entomólogo e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, 5: 372.[1]
Etimoloxía
O nome científico Felini está formado pola raíz Fel- do seu xénero tipo Felis, descrito por Linneo en 1758 na 10ª edición do seu Systema Naturae, e o sufixo -ini, empregado para construír o nome das tribos de animais.
Xéneros
- Acinonyx Brookes, 1828
- Caracal Gray, 1843
- Felis Linnaeus, 1758
- Herpailurus Severtzov, 1858 [2]
- Leptailurus Severtzov, 1858
- Leopardus Gray, 1842
- Lynx Kerr, 1792
- Puma Jardine, 1834
- Otocolobus Brandt, 1841
- Prionailurus Severtzov, 1858
Consideracións taxonómicas
Moitos autores consideran dúas tribos nos felinos, a aquí descrita e a dos pardofelinos (Pardofelini) Svertzov, 1818, que inclúe tan só os xéneros Pardofelis Severtzov, 1858 e Catopuma Severtzov, 1858). Porén algúns utilizan a subfamilia dos felinos sensu lato para todos os gatos con dentes cónicos, en cuxo caso a tribo dos Felini usaríase para os gatos pequenos, mentres que os gatos grandes son asignados a outra tribo, a dos panterinos (Pantherini). Outros usan Felinae só para os gatos pequenos (excluíndo os panterinos), en cuxo caso, Felini sería un sinónimo de felinos sensu stricto.
Por outra parte, a maioría dos autores non consideran o xénero Herpailurus, descrito en 1858 por Nikolai Severtzov e que moitos autores consideran un sinónimo de Puma Jardine, 1834,[3] pero "resucitado" en 2017 polo grupo de expertos da UICN,[2] que é monoespecifico, xa que comprende unha soa especie, Herpailurus yagouaroundi (o xaguarundi), que a mairoría dos autores clasifican dentro do xénero Puma, como Puma yagouaroundi.[4][5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.