![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b5/LeslieFeist.jpg/640px-LeslieFeist.jpg&w=640&q=50)
Feist
músico canadense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Leslie Feist, nada o 13 de febreiro de 1976 e coñecida como Feist, é unha cantautora e guitarrista de indie pop canadense,[1] actuando tanto como artista en solitario como parte do grupo de indie rock Broken Social Scene.
Feist iniciou a súa carreira en solitario e 1999 co lanzamento de Monarch. Os seus seguintes álbums de estudio, Let It Die, editado en 2004, e The Reminder, en 2007, foron aclamados pola crítica e tiveron un grande éxito comercial, vendendo máis de 2,5 millóns de copias. The Reminder foi nomeado a catro premios Grammy, incluído o premio ao mellor artista novo.[2] Feist gañou 11 Juno Awards, incluídos 2 a artista do ano.[3] O seu cuarto álbum de estudio, Metals, foi editado en 2011. En 2012 Feist colaborou un EP compartido co grupo de metal Mastodon, lanzando un video musical interactivo no proceso.[4]
O seu quinto traballo, Pleasure, apareceu no ano 2017 a través de Universal Music Group,[5] e o seu último traballo ata a data, Multitudes, foi editado en abril de 2023.