Frederico Carlos de Hesse-Kassel, nado o 1 de maio de 1868 en Panker, Holstein, Reino de Prusia e finado o 28 de maio de 1940 en Kassel, foi un príncipe alemán de Hesse. Frederico Carlos era fillo do príncipe Frederico de Hesse-Kassel e Ana de Prusia. Foi elixido rei de Finlandia o 9 de outubro de 1918, pero nunca subiu ao trono debido a que Alemaña perdeu a primeira guerra mundial. O emperador Guillerme II de Alemaña era o seu cuñado.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar

Matrimonio e descendencia

Casou coa princesa Margarida de Prusia e tiveron seis fillos, todos varóns.

Na época da voda, o príncipe Frederico Carlos non era aínda a cabeza da Casa de Hesse-Kassel. Este título foille outorgado cando o seu irmán máis vello Alexandre Frederico abdicou para casar cunha plebea. O trato do príncipe Frederico foi ascendido ao de Alteza, en canto o de Margarida o foi ao de Alteza Real.

Os seus fillos foron (houbo dous pares de xemelgos):

  • Frederico de Hesse-Kassel (1893-1916). Morto na primeira guerra mundial.
  • Maximiliano de Hesse-Kassel (1894-1914). Morto na primeira guerra mundial.
  • Filipe de Hesse-Kassel (1896-1980). Casado coa princesa Mafalda de Savoia.
  • Wolfgang de Hesse-Kassel (1896-1989). Xemelgo co anterior. Casado coa princesa María Alexandra de Baden. Sen descendencia.
  • Ricardo de Hesse-Kassel (1901-1943). Faleceu solteiro e sen descendencia.
  • Cristovo de Hesse-Kassel (1901-1943). Xemelgo co anterior. Casado coa princesa Sofía de Grecia e Dinamarca. Con descendencia. Morto na segunda guerra mundial.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.