A Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda, tamén chamada Federación Sionista británica, é unha organización marco para o movemento sionista no Reino Unido.

Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda
Tipoorganización
Data de fundación1899
Na rede
https://zionist.org.uk
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Actualmente representa a máis de 30 organizacións e 50.000 afiliados.[1][2]

Historia

Thumb
A primeira conferencia da Federación Sionista británica no 1899

A organización foi establecida no ano 1899 para promover unha patria para as persoas xudías.

En 1917, o Ministro de Asuntos Exteriores británico Arthur Balfour remitiu a coñecida como Declaración Balfour ao líder da comunidade xudía do Reino Unido Walter Rothschild para que fose transmitida á Federación Sionista.[3]

No 1920, a Federación Sionista fundou a Organización Internacional de Mulleres Sionistas (WIZO, polas súas siglas en inglés). A Federación tamén fundou various movementos sionistas xuvenís.

Obxectivos

A organización descríbese coma "a principal organización de base e de defensa de Israel do Reino Unido." [4]

Entre as súas finalidades e obxectivos están:[5]

  • O apoio, coordinación e asistencia ao traballo de todos os seus afiliados no país e o compromiso cos movementos sionistas xuvenís.
  • A promoción da participación de xudeus en actividades sionistas, incluíndo a educación, a cultura, a lingua hebrea e a información sobre Israel, sustentada na crenza de que o obxectivo principal do sionismo é a Aliyah.

Actividades

As actividades inclúen a formación, as campañas, a interacción cos medios, facer lobby, loitar contra o movemento BDS e traballar con estudantes e eventos culturais.[6]

Estrutura e persoal

A Federación Sionista británica é unha organización marco que abarca a meirande parte das organizacións sionistas do Reino Unido.

A 2023 o director é Rabbi Lea Mühlstein.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.