![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/California_Gold_Rush_handbill.jpg/640px-California_Gold_Rush_handbill.jpg&w=640&q=50)
Febre do ouro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha febre do ouro é un descubrimento de ouro, ás veces acompañado por outros metais preciosos e minerais de terra raros, que atraen a un bo número de mineiros que buscan a súa fortuna. As febres do ouro máis importante tiveron lugar no século XIX en Australia, Nova Zelandia, o Brasil, o Canadá, Suráfrica e os Estados Unidos de América.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/California_Gold_Rush_handbill.jpg/640px-California_Gold_Rush_handbill.jpg)
A riqueza que xurdía era distribuída amplamente polos reducidos custos das migracións e escasas barreiras para acceder á súa extracción. Malia que a minaría de ouro non foi proveitosa para a maioría de mineiros e donos de minas, algunhas persoas chegaron a xuntar grandes fortunas, e os mercadores e transportistas obtiveron grandes beneficios. O aumento resultante na subministración mundial de ouro estimulou o comercio e os investimentos mundiais. Numerosos historiadores describiron a migración, o comercio, a colonización e a historia ambiental asociada coas acometidas do ouro.[1] As febres do ouro remóntanse até o Imperio Romano, cuxa minaría foi descrita por Diodoro Sículo e por Plinio o Vello, e probablemente sexan aínda máis antigas, remontándose ó Antigo Exipto.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/40/Miners_climb_Chilkoot.jpg/640px-Miners_climb_Chilkoot.jpg)