ensaio de Nacho Carretero From Wikipedia, the free encyclopedia
Fariña é un libro escrito polo xornalista Nacho Carretero, publicado en setembro de 2015 pola editorial Libros del K.O. Até marzo de 2018 vendera 30 000 exemplares en 10 edicións. Nese mes ordenouse o cesamento da súa comercialización. A partir do libro fíxose unha serie de televisión tamén co nome de Fariña, amais dunha novela gráfica debuxada por Luís Bustos[1] e unha obra de teatro dirixida por Tito Asorey[2]. Foi traducido ao galego e ao portugués.
Fariña | |
---|---|
Título orixinal | 'Fariña, Historia e indiscreciones del narcotráfico en Galicia |
Autor/a | Nacho Carretero Pou |
Cuberta | Artur Galocha |
Orixe | Galicia |
Lingua | Castelán |
Tema(s) | narcotráfico |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Libros del K.O. |
Data de pub. | 17 de setembro de 2015 (9 anos) |
Formato | Tapa branda con lapelas e faixa |
Páxinas | 368 |
ISBN | ISBN 978-84-16001-46-0 |
Tradución | Xosé Manuel Moo (Ed. Xerais) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fariña é o nome co que se coñece coloquialmente a cocaína e por extensión tódalas drogas en po en Galiza. O libro está estruturado en doce capítulos, e narra o narcotráfico en Galiza, desde os comezos do contrabando na costa da Morte e A Raia até a actualidade, con especial atención á década de 1980, cando do contrabando de tabaco se pasou ao tráfico de haxix e cocaína nas rías Baixas.
O exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciou en xaneiro de 2016 o autor e a editorial acusándoos de inxurias e calumnias, e pediu a aplicación do artigo 738.1 da Lei de Procesamento Civil. A xuíza Alejandra Fontana do xulgado de instrución número 7 de Collado Villalba ordenou o 5 de marzo de 2018 o secuestro do libro Fariña, tamén en soporte dixital, despois de facer un depósito de 10 mil euros o demandante.[3] O exalcalde do Grove aparece citado en tres liñas do libro. O 22 de xuño de 2018 a Audiencia Provincial de Madrid levantou o secuestro do libro[4]. En xullo foi rexeitada a acusación, e Bea Gondar foi condenado a pagar os custos do xuízo.[5] O autor foi absolto ao considerar finalmente a xuíza que o contido do libro era veraz, froito dunha "importante labor de investigación", e que non se vulnerara o dereito á honra do exalcalde.[6]
Entrementres, o Gremio de Librerías de Madrid puxo unha ferramenta dixital que permitía ler Fariña a través da obra Don Quixote, mais o 23 de marzo o xulgado 7 de Collado-Villalba ordenou o peche da páxina web.[7]
En xuño de 2020 Bea Gondar foi condenado a indemnizar a Nacho Carretero con máis de 3000 € e á editorial do libro con máis de 13000 €, polos danos e perdas ocasionados polo secuestro xudicial do libro.[6]
O libro foi editado en capa branda con lapelas, cunha faixa despregable con mapas, diagramas e citas. A portada, deseñada por Artur Galocha, representa un fardo de cocaína aberto[8]. Ao final do texto inclúe mapas coa distribución dos clans, un índice onomástico de persoas, clans e operacións, bibliografía e agradecementos. No inicio inclúe unha cita de Dwight D. Eisenhower sobre a liberación de Auschwitz:
Graven todo. Nalgún momento algún bastardo levantarase e dirá que isto nunca sucedeu.
A obra foi traducida ao galego por Xosé Manuel Moo Pedrosa, e publicada por Edicións Xerais de Galicia. Na portada emprega a imaxe dos personaxes da serie de televisión, cunha foto de Jaime Olmedo.[9] Non obstante, a edición non chegou a ser distribuída ata finais de xuño, cando Xerais anunciou a posta á venda da edición en galego despois da autorización xudicial.[10] O texto foi tamén traducido ao portugués e publicado pola editorial Desassossego en xuño de 2018.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.