![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/Olympische_dag_in_Amsterdam._Fanny_Blankers-Koen%252C_Bestanddeelnr_903-4520.jpg/640px-Olympische_dag_in_Amsterdam._Fanny_Blankers-Koen%252C_Bestanddeelnr_903-4520.jpg&w=640&q=50)
Fanny Blankers-Koen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Francina "Fanny" Elsje Blankers-Koen, nada en Baarn o 26 de abril de 1918 e finada en Hoofddorp o 25 de xaneiro de 2004, foi unha atleta e campioa olímpica neerlandesa, vencedora, aos 30 anos de idade, de catro probas de atletismo nos Xogos Olímpicos de 1948 en Londres, cando xa era nai de dous fillos. Foi considerada a "Atleta Feminina do Século", pola Associación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). En 2012, foi inmortalizada no Salón da Fama do atletismo, creado no mesmo ano como parte das celebracións polo centenario da IAAF.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1918 ![]() Baarn, Países Baixos ![]() |
Morte | 25 de xaneiro de 2004 ![]() Hoofddorp, Países Baixos (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos ![]() |
Altura | 175 cm ![]() |
Peso | 63 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | velocista , saltadora de lonxitude , atleta , saltadora de altura ![]() |
Nacionalidade deportiva | Países Baixos ![]() |
Deporte | atletismo ![]() |
Disciplina deportiva | Salto de lonxitude Salto de altura carreira de velocidade ![]() |
Participou en | |
1952 | Xogos Olímpicos de 1952 |
1948 | Xogos Olímpicos de 1948 |
1936 | Xogos Olímpicos de 1936 ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pechar
Durante a súa vida deportiva, Fanny bateu vinte marcas mundiais en probas de velocidade, obstáculos, saltos de altura, saltos de lonxitude e héptatlon.