Fallout (serie)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Fallout é unha serie de videoxogos de rol publicados orixinalmente por Interplay e, posteriormente, por Bethesda Softworks. Aínda que as tramas dos videoxogos se desenvolven nos séculos 22 e 23, prevalece unha grande influencia da cultura de posguerra desenvolvida nos anos 50 en Norteamérica, así como da combinación de esperanza de progreso tecnolóxico e o medo á aniquilación nuclear. Esta saga adóitase considerar como a secuela non oficial do videoxogo Wasteland, aínda que non tomou ese nome debido a que Electronic Arts posuía os dereitos sobre el e, aínda que con algunhas referencias comúns, os videoxogos situábanse en universos diferentes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Fallout | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Black Isle Studios Micro Forte Bethesda Game Studios Obsidian Entertainment Masthead Studios |
Distribuidora(s) | Interplay Entertainment 14 Degrees East Bethesda Softworks |
Xénero | Rol |
Plataforma(s) | Windows, Mac OS, Mac OS X, MS-DOS, Playstation 2, Playstation 3, Xbox 360, Playstation 4 e Xbox One |
Na rede | |
http://fallout.bethsoft.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os dous primeiros títulos da serie (Fallout e Fallout 2) foron desenvolvidos por Black Isle Studios. Fallout Tactics foi desenvolvido en 2001 por Micro Forté e 14 Degrees East. Tratase dun videoxogo de rol táctico. En 2004, Interplay pechou os Estudios Black Isle[1] e continuou producindo un videoxogo de acción con elementos RPG para PlayStation 2 e Xbox, Fallout: Brotherhood of Steel sen "Black Isle Studios". A terceira entrega da saga foi o exitoso Fallout 3, publicado en 2008 por Bethesda Softworks. Fallout: New Vegas foi desenvolvido por Obsidian Entertainment con moitos antigos empregados de Black Isle que traballaron no desenvolvemento de Fallout e Fallout 2.
Bethesda Softworks posúe os dereitos para facer calquera videoxogo novo da serie[2][3] e cedeu dereitos a Interplay para que desenvolva unha versión de Fallout en forma de videoxogo de rol.
Os protagonistas da historia van variando nos distintos títulos. En cada entrega o xogador toma o papel dun personaxe (personalizable) distinto ao dos videoxogos anteriores, cunha historia de fondo totalmente novo.