![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/7ahl.png/640px-7ahl.png&w=640&q=50)
Factor de virulencia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un factor de virulencia é unha molécula producida por un axente infeccioso (bacterias, virus, fungos, protozoos) que contribúe ao carácter patóxeno (a virulencia) deses organismos e lles permite:
- ocupar un nicho no hóspede (colonización), o que ocorre polo movemento cara ás súas células e a unión ás mesmas [1][2];
- escapar ao sistema inmunitario do hóspede (inmunoevasión) [3][2];
- inhibir o sistema inmunitario do hóspede (inmunosupresión) [1];
- entrar e saír das células do hóspede no caso de infeccións intracelulares (o que é típico dos virus) ;
- absorber os nutrientes do hóspede.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/7ahl.png/640px-7ahl.png)