especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Chámase faballón, fabón[2], faba loba ou fabaca á especie Vicia faba, planta herbácea, anual, rubideira, de caules semierectos, que dá o seu nome á familia das fabáceas, da cal é a especie tipo, e tamén se denominan así as súas sementes, comestíbeis.[2]
Faballón Vicia faba | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vicia faba [1] | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Vicia faba Linnaeus, 1753 |
A planta do faballón é recta e ergueita, con talos fortes de até 1,6 m de altura, grosos, angulosos e lampiños.
As follas son alternas, paripinnadas e compostas, con 1.3 pares de folíolos grandes, ovalados, non rematados en gabiáns.
As flores preséntanse en acios de 2 a 8, soibre un pedúnculo común curto, con pétalos brancos manchados de violeta, púrpura ou negro.[3]
O froito é un legume de vaíña alongada, grande (de entre os 10 e os 30 cm de lonxitude), suculento e pubescente, ergueito, mouro na madurez. Dentro da vaíña dispóñense as sementes, de 2 a 6, grandes. ovaladas, deprimidas,[3] e dispostas formando unha ringleira, de cor verde amarelada, e cun peso dun ou dous gramos.
Como no caso doutras fabáceas, teñen a propiedade de fixar nitróxeno no solo. Sobre un 80 % del é consumido pola propia planta, e o 20 % restante mellora a fertilidade da terra, razón pola cal o seu cultivo é empregado en sistemas de rotación para fortalecer solos esgotados.
As principais subespecies e variedades cultivadas son:
Orixinario da conca mediterránea, hoxe cultívase en todo o mundo.
O faballón desenvólvese ben en case todos os tipos de solos.
Precisa abundante humidade e uns 700 mm anuais de choiva. Tolera as xeadas, polo que se pode adaptar ás condicións de montaña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.