Führerbunker
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Führerbunker ([ˈfyːrərˈbʊŋkɐ]) era un refuxio antiaéreo que se atopaba preto da chancelería do Reich en Berlín, Alemaña. Formou parte do complexo de búnker subterráneo construído en dúas fases en 1936 e 1944. Foi o derradeiro dos Cuarteis Xerais do Führer (Führerhauptquartiere) empregados por Adolf Hitler durante a segunda guerra mundial.
Hitler fixou a súa residencia no Führerbunker o 16 de xaneiro de 1945, e converteuse no centro do réxime nazi até a última semana da segunda guerra mundial en Europa. Hitler casou alí con Eva Braun a última semana de abril de 1945, pouco antes de que cometesen suicidio.
Despois da guerra, tanto o antigo como o novo edificio da chancelería foron derrubados polos soviéticos. O complexo subterráneo permaneceu imperturbable até 1988–89, malia algúns intentos de demolición. As seccións escavadas do antigo complexo de búnkeres foron destruídas na súa maioría durante a reconstrución desa zona de Berlín. O lugar permaneceu sen marcar até 2006, cando se instalou unha pequena placa cun diagrama esquemático. Algúns corredores do búnker aínda existen, pero están pechados ó público.