![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b8/Schultz_C._-_Louis_F%25C3%25A9licien_Joseph_Caignart_de_Saulcy.jpg/640px-Schultz_C._-_Louis_F%25C3%25A9licien_Joseph_Caignart_de_Saulcy.jpg&w=640&q=50)
Félicien de Saulcy
numismático e arqueólogo francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Louis Félicien Joseph Caignart de Saulcy, coñecido como Félicien de Saulcy ou tamén Félix de Saulcy, nado en Lille o 19 de marzo de 1807 e finado en París o 4 de novembro de 1880, foi un numismático e arqueólogo francés, conservador do Museo de Artillería de París e senador do Segundo Imperio, considerado como un dos fundadores da arqueoloxía bíblica.[1][2]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1807 ![]() Lille, Francia ![]() |
Morte | 4 de novembro de 1880 ![]() París, Francia ![]() |
Second Empire senator (en) ![]() | |
Conservador Musée d'Artillerie (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Educación | Escola Politécnica École d'application de l'artillerie et du génie (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía ![]() |
Ocupación | antropólogo , entomólogo , ensaísta , numismático , arqueólogo , político , tradutor literario ![]() |
Partido político | Bonapartismo (pt) ![]() ![]() |
Membro de | Société de l'histoire de France (pt) ![]() Academia de Inscricións e Linguas Antigas (membro ordinario) (1842–1880) Œuvre d'Orient (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia![]() | |
Fillos | Félicien Henry Caignart de Saulcy ![]() |
![]() |
Aínda que as mostras máis salientables da erudición de Saulcy se deron no ámbito da numismática e da arqueoloxía, tamén se interesou desde novo pola entomoloxía. As súas excursións ao sur de Francia e aos Pireneos, así como a Groenlandia, Islandia e as Illas Feroe, permitíronlle descubrir e dar a coñecer máis de 300 especies novas. Mais a partir de 1870, Félicien de Saulcy abandonou nas súas investigacións o seu interese pola historia natural.[3]