From Wikipedia, the free encyclopedia
O exhibicionismo (do latín exhibere, "mostrar") é o comportamento consistente na exhibición dos xenitais como medio para obter excitación sexual.[1]
Os exhibicionistas son sempre homes. Consideran o seu comportamento inofensivo, pois para eles é simplemente un medio para obter a autosatisfacción sexual. A súa excitación é maior cando as persoas, principalmente mulleres e nenos, reaccionan con asombro ou se escandalizan.
O comportamento exhibicionista comeza na maioría dos casos entre os 20 e os 30 anos. O exhibicionista ten a necesidade irresistible e compulsiva de mostrar os seus xenitais, a pesar da vergoña e a ansiedade que lle provoca. Un terzo das persoas arrestadas por delitos sexuais son exhibicionistas e arredor do 20% son arrestados máis dunha vez.
As terapias psicolóxicas ensaiadas para o tratamento dos suxeitos exhibicionistas van dende a psicodinámica até a condutual. Os resultados obtidos son desiguais e impredicibles.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.