Evanxelización
From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como evanxelización[1] o acto de predicar o evanxeo de Xesús, é dicir, de espallar o cristianismo. A evanxelización é unha función propia dos crentes de Cristo , e do resto de confesións cristiás.[2] Isto, en ocasións, considérase como un tipo de proselitismo.[3]
A palabra evanxelista vén do grego koiné εὐαγγέλιον (euangelos, εὔ = "bo, boa", ἀγγέλλω = nova, mensaxe), que quere dicir aportador de boas novas, fundador de boas novas. A expresión en supresiónkoiné para boas noticias, ευάνγελιον (eu-angelion) é usado para referirse ós catro Evanxeos no Novo Testamento; así os Evanxelistas son tamén os autores dos catro evanxeos, tradicionalmente coñecidos como Mateu, Marcos, Lucas e Xoán.