escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Eusebio Lorenzo Baleirón, nado en Tarrío (Dodro) o 25 de xaneiro de 1962 e finado no mesmo lugar o 14 de decembro de 1986, foi un escritor galego.[1] Foi irmán do tamén escritor Manuel Lorenzo Baleirón.
Graffiti de Eusebio Lorenzo Baleirón no colexio público de Dodro | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1962 Tarrío, España |
Morte | 14 de decembro de 1986 (24 anos) Tarrío, España |
Causa da morte | cancro |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Familia | |
Cónxuxe | Asunción Sóñora Abuín |
Fillos | Flavia Lorenzo Sóñora |
Irmáns | Manuel Lorenzo Baleirón |
Parentes | María Lorenzo Miguéns, sobriña |
Foi fillo de Nieves e Ángel, que morreu cando Eusebio inda non cumprira tres anos de idade. Estudou en Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985. Colaborou como ensaísta na revista Grial con estudos sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, Nuno Júdice e Álvaro Cunqueiro. Destacou na súa faceta poética, que se viu recoñecida por varios premios obtidos en diferentes certames. En 1985 sacaría á luz dous poemarios: Os días olvidados e O corpo e as sombras, nesa época publicou tamén un libro de narrativa xuvenil: O libro das viaxes e dos soños.
Faleceu como consecuencia dun cancro o 14 de decembro de 1986 aos 24 anos de idade.[2] A morte prematura impediulle ver editado o que sería o seu terceiro poemario, A morte presentida, que foi publicado postumamente en 1988.
No décimo aniversario da morte do poeta editouse a súa obra poética completa: Gramática do silencio. Obra poética. Así mesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha antoloxía bilingüe (galego-español) baixo o coidado de Ánxeles Penas.
En 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018, canda Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas e María Victoria Moreno,[3] que é a que foi finalmente escollida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.