![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bc/Palacio_de_Deportes_%2528Madrid%2529_16.jpg/640px-Palacio_de_Deportes_%2528Madrid%2529_16.jpg&w=640&q=50)
Euroliga 2007-08
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Euroliga 2007-08 foi a oitava edición da máxima competición de clubs de baloncesto de Europa dende a súa organización pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Incluíndo as edición desta competición organizadas por FIBA Europa é a edición número 51. Nesta edición compitiron vinte e catro equipos de trece estados distintos.
Tipo | Euroleague Basketball ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Unión de Ligas Europeas de Baloncesto ![]() |
Número de participantes | 24 ![]() |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2007-2008 ![]() |
Número de edición | 8 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | PBC CSKA Moscova ![]() |
Datos estatísticos | |
Puntos por partido | Marc Salyers (en) ![]() ![]() |
Os catro mellores equipos, nesta edición o Montepaschi Siena italiano, o Maccabi Elite israelí, o Tau Cerámica español e o CSKA Moscow ruso disputaronse o título na Final Four, nesta edición disputada no Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid de Madrid, capital de España. A final disputárona o Maccabi Elite de Tel Aviv e o CSKA de Moscova, proclamándose campión o equipo grego tras vencer por catorce puntos de diferenza, 91 a 77, o que supuxo o seu sexto campionato até esta edición.