Maccabi Tel Aviv B.C.
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Maccabi Tel Aviv B.C. (en hebreo: מ.כ. מכבי תל אביב), tamén coñecido coma Maccabi Playtika Tel Aviv por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto israelí con sede na cidade de Tel Aviv. O club xoga na Ligat ha'Al, máxima competición israelí, e na Euroliga. É a sección de baloncesto da sociedade deportiva Maccabi Tel Aviv.
Datos rápidos Información xeral, Liga ...
Maccabi Playtika Tel Aviv | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ISBL / Euroliga |
Alcume | Os Macabeos |
Fundación | 1932 |
Cores | Amarelo, azul |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Playtika |
Vestimenta | Nike |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Menora Mivtachim Arena |
Capacidade | 10.823 |
Inauguración | 17 de setembro de 1963 |
Campionatos | |
Euroliga | 6 (1977, 1981, 2001, 2004, 2005, 2014) |
Tripla coroa | 6 (1977, 1981, 2001, 2004, 2005, 2014) |
Intercont. | 1 (1980) |
Liga | 53 (1954, 1955, 1957−59, 1962−64, 1967, 1968, 1970-92, 1994−07, 2009, 2011−12, 2014, 2018-19) |
ABA Liga | 1 (2012) |
Copa | 44 (1956, 1958, 1959, 1961, 1963−66, 1970-73, 1975, 1977−83, 1985−87, 1989−91, 1994, 1998−2006, 2010−2017) |
maccabi.co.il |
Pechar
O Maccabi é un dos club máis ilustres do baloncesto europeo,[1] gañando o Campionato de Europa até en seis ocasións dende 1977, sendo finalista en outras nove. É tamén o club dominante do baloncesto de Israel, gañando cincuenta Ligat ha'Al (incluídos vinte e tres consecutivos de 1970 a 1992) e 41 Copas de Israel. O equipo tamén posúe o maior rexistro de triplas coroas gañadas con cinco.