From Wikipedia, the free encyclopedia
O Eurocopter AS532 Cougar (no presente Airbus Helicopters H215M) é un helicóptero militar multipropósito medio de dous motores desenvolvido por Francia. O AS532 é un desenvolvemento e mellora do Aérospatiale SA 330 Puma na súa forma militarizada. O seu equivalente civil é o Eurocopter AS332 Super Puma. O AS532 foi desenvolvido posteriormente como o Eurocopter EC725.
Eurocopter AS532 Cougar | |
---|---|
AS532 do exército francés | |
Tipo | helicóptero militar utilitario medio |
Fabricante | Aérospatiale, Eurocopter, Airbus Helicopters |
Primeiro voo | setembro de 1977 |
Introducido | 1978 |
Produción | 1977-presente |
Variantes | Eurocopter AS332 Super Puma |
O AS332 Super Puma, deseñado como unha versión máis grande para substituír o SA 330 Puma, voou por vez primeira en setembro de 1977. Foi equipado con dous motores turboeixo de 1 330 kW Turbomeca Makila 1A1, palas do rotor de materiais compostos, e un tren de aterraxe e unha cola modificados.
En 1990 a designación de todos os Super Puma militares cambiou de AS 332 a AS 532 Cougar para facer unha distinción entre as variantes civís e militares do helicóptero.
Canadá considerou mercar o Cougar para substituír os seus CH-113 Labrador, pero finalmente optou por mercar o CH-149 Cormorant. En 2012 Francia iniciou un proxecto de 288,8 millóns de euros para actualizar 23 Cougar do Exército e 3 da Forza Aérea para abordar os problemas de obsolescencia e equipar con aviónicas semellantes aos seus helicópteros EC225 e EC725.[1]
AS532 UL/AL
AS532 SC
AS535
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.