![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/Euglena_sp.jpg/640px-Euglena_sp.jpg&w=640&q=50)
Euglena
From Wikipedia, the free encyclopedia
Euglena é un xénero de protistas unicelulares flaxelados. É o membro máis coñecido e máis estudado do filo dos Euglenozoos, que é un grupo moi diverso que comprende 44 xéneros e polo menos 800 especies.[1] As especies do xénero Euglena viven en augas doces e salgadas. Xeralmente abundan en augas continentais quietas, onde pode orixinar floracións en cantidades dabondo como para colorear a superficie de lagoas e regos de verde (E. viridis) ou de vermello (E. sanguinea).[1]
Euglena | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
A especie Euglena gracilis, usouse amplamente nos laboratorios como organismo modelo.[2]
A maioría das especies de Euglena teñen cloroplastos fotosintetizadores, que lle permiten ter unha nutrición autótrofa como a das plantas. Porén, poden tamén nutrirse heterotrofamente, como os animais. As condicións do medio determinan que predomina unha nutrición ou a outra. Estas características que Euglena comparte con animais e plantas, fixeron que os primeiros taxónomos, que utilizaban o sistema da taxonomía lineana de dous reinos (animais e plantas) para a clasificación das especies, tivesen dificultades para clasificala.[3][4] Máis tarde, para clasificar especies "inclasificables" deste tipo Ernst Haeckel engadiu o terceiro reino dos Protistas,[5] que modernamente foi, á súa vez, dividido. Actualmente considérase que Euglena é un Excavata.