O monte Etna é un volcán activo que se atopa na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania. Ten ó redor de 3357 m de altura . O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de Italia ó sur dos Alpes. O Etna cobre unha área de 1190 km².

Datos rápidos Etna, Localización administrativa ...
Etna
Thumb
Localización administrativa
LocalizaciónSicilia
Características xerais
Altitude3357 m
Pechar
Thumb
Etna.
Thumb
Monte Etna, Sicilia.
Thumb
Val do Bove, Monte Etna, Sicilia. Agosto de 2003.

Topónimo

A poboación local adoita referirse ao monte como Gibellu, do árabe جبل ŷébel (monte, montaña), usando o topónimo Etna para o cono volcánico.[1]

Historia

A actividade volcánica do Etna comezou hai uns 700 000 anos, sendo este un volcán submarino, que se foi desprazando cara ao interior. O Etna é o que se denomina un estratovolcán formado como resultado de erupcións sucesivas.

Na actualidade segue en actividade e ten varios cráteres arredor dos 3000 m con fumarolas permanentes. Entre xullo e agosto de 2001 unha erupción arrasou unha estación de esquí situada na ladeira sur do volcán[2]. Tamén estivo activo en novembro de 2002[3], e en xaneiro de 2005 a lava non chegou ás zonas habitadas, aínda que as emisións puideron verse dende toda a costa siciliana manando das aperturas laterais situadas a 2620 e 2400 metros.

Volveu ter actividade en maio de 2011[4], marzo de 2012[5], febreiro de 2013[6], xaneiro de 2014[7], decembro de 2015[8], maio de 2016[9] e marzo de 2017.[10]

En decembro de 2018 unha erupción obrigou a desviar o tráfico aéreo, causando máis de 150 terremotos.[11]

O 16 de febreiro de 2021 volve a entrar de novo en erupción.[12]

Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Monte Etna
Thumb
Monte Etna en erupción.
Thumb
Monte Etna
Monte Etna
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísItalia Italia
LocalizaciónSicilia
TipoNatural
CriteriosVIII
Inscrición2013 (37ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1427
Pechar

Mitoloxía

Segundo a mitoloxía grega, no interior do Etna estaban as forxas de Vulcano, que traballaba alí coa axuda dos ciclopes. Outra lenda di que a actividade do volcán se debe a que Atenea sepultou alí ó xigante Encélado, no transcurso da Xigantomaquia, ó lanzar sobre el a illa de Sicilia.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.