![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8e/DNA_RNA_structure_%25281%2529.png/640px-DNA_RNA_structure_%25281%2529.png&w=640&q=50)
Estrutura primaria dos ácidos nucleicos
sucesión de nucleótidos nunha molécula de ADN / From Wikipedia, the free encyclopedia
A estrutura primaria dos ácidos nucleico é a sucesión de nucleótidos (unidades que forman os ácidos nucleicos) representados polas letras A, T, G, C, U, que indica a orde en que estes están situados na molécula. Unha secuencia de ácido nucleico ou de nucleótidos é esa mesma sucesión nun ADN (letras A, T, G, C) ou nun ARN (letras A, U, G, C). Por convención, as secuencias son xeralmente presentadas empezando polo extremo 5' e acabando polo extremo 3'. Como os ácidos nucleicos son xeralmente polímeros lineares (é dicir, non ramificados), especificar a súa secuencia equivale a definir a estrutura covalente da molécula enteira. Nesta estrutura primaria está codificada a información xenética dos seres vivos, polo que ás veces tamén se usa para ela a expresión secuencia xenética. As secuencias poden lerse a partir do material biolóxico utilizando diversos métodos de secuenciación do ADN.
- Para as técnicas para a determinación da secuencia do ADN ver secuenciación do ADN.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8e/DNA_RNA_structure_%281%29.png/270px-DNA_RNA_structure_%281%29.png)
![A imaxe contén ligazóns clicables](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e6/Interactive_icon.svg/18px-Interactive_icon.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/RNA-codon.png/220px-RNA-codon.png)
Ademais da estrutura primaria (non se debe dicir "secuencia primaria"), os ácidos nucleicos teñen estrutura secundaria, terciaria e superiores.