Estreito de Vitiaz
estreito no océano Pacífico From Wikipedia, the free encyclopedia
estreito no océano Pacífico From Wikipedia, the free encyclopedia
O estreito de Vitiaz é un brazo de mar que separa a illa de Nova Bretaña da península de Huon, en Papúa-Nova Guinea.[1][2]
Tipo | estreito | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Papúa Nova Guinea | ||||
| |||||
O seu nome débese ao mariño ruso Nikolai Nikolaiévich Mikluho-Maklai, para conmemorar á corveta da Mariña imperial rusa, Vitiaz, na que, nunha viaxe de circunnavegación (1870 - 1883), navegou desde outubro de 1870 por América do Sur e as illas do Pacífico chegando á baía do Astrolabio (Papúa-Nova Guinea) en setembro de 1871.[3]
O estreito de Vitiaz, de 1 200 m de profundidade, foi un foco de atención dos oceanógrafos australianos e estadounidenses en sucesivas viaxes en 1985, 1986, 1988, 1991 e 1992, como parte do "Estudo da Circulación do Océano Pacífico Ecuatorial Occidental" (WEPOCS).[4]
A corrente subterránea costeira de Nova Guinea transporta auga de alta salinidade, baixa en tritio, alto contido de oxíxeno e baixo contido de nutrientes desde o mar de Salomón cara ao noroeste, ao longo da costa norte de Papúa-Nova Guinea a través do estreito de Vitiaz.[5]
Porén, a corrente da capa superficial que atravesa o estreito, a corrente costeira de Nova Guinea, experimenta un cambio estacional. No verán boreal (verán do hemisferio norte), caracterizado polo monzón do sueste, domina a corrente cara ao oeste; durante o inverno boreal (inverno do hemisferio norte), baixo a influencia dos ventos monzónicos do noroeste, domina o fluxo cara ao leste.[6]
O estreito foi explorado por Abel Tasman en 1643, e divisou a illa Umboi no estreito en 1643 pero non se deu de conta de que o estreito separaba a illa da costa de Nova Guinea.[7]
William Dampier cartografou a pasaxe hoxe chamada estreito Dampier entrea a illa Umboi e Nova Bretaña en 1700.[8] Dampier establecera que a terra que chamou Nova Bretaña era unha illa. Mentres navegaba cars ao noroeste pola pasaxe, Dampier cartografou e nomeou varias illas que se encontraban entre o estreito de Dampier e Vitiaz: a illa de Sir George Rook (máis tarde illa de Rooke, hoxe illa Umboi), a illa Arop) e a illa Crown.[9]
Durante a segunda guerra mundial, o control do estreito foi un punto estratéxico da guerra do Pacífico. Na campaña de Nova Guinea (1942-1945) os xaponeses desembarcaron dous batallóns en Lae e Salamaua no golfo de Huon o 8 de marzo de 1942, dándolles o control dos estreitos de Dampier e de Vitiaz.[10] As forzas xaponesas perderon o control dos estreitos de Vitiaz e Dampier despois da captura de Finschhafen polas tropas australianas e o posterior desembarco das forzas estadounidenses en Nova Bretaña (decembro de 1943).[11]
O xeneral Douglas MacArthur anunciou que a illa de Rooke (hoxe chamada illa Umboi) fora ocupada o sábado 12 de febreiro de 1944 polas forzas estadounidenses, que non encontraron oposición.[12][13] O control aliado foi asegurado polos desembarcos nas illas do Almirantado o 29 de febreiro de 1944.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.