![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/Strofades_monastery_2008.jpg/640px-Strofades_monastery_2008.jpg&w=640&q=50)
Estrófades
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Estrófades (en grego Στροφάδια; en latín Strophades; tamén illas Stamfani; Strivali) son un grupo de dúas pequenas illas de Grecia nas illas Xónicas. Están situadas a uns 44 km ao sur-sueste da illa de Zante. Administrativamente forman parte do municipio de Zante.
Estrófades - Στροφάδια | |
---|---|
Στροφάδια | |
![]() Monasterio de Estrófades | |
![]() É o pequeno illote ó sur da illa de Zante (1) | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Illas Xónicas |
Arquipélago | Illas Xónicas |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | 37°15′N 21°00′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Arquipélago (2 illas) |
Superficie | 1´356 km² |
Demografía | |
Poboación | 1 (2011) |
A illa máis grande, Stamfani, está habitada por unha soa persoa, un monxe que vive na única edificación da illa, un impresionante monasterio antigo. A illa máis pequena chámase Arpía. Ningunha das dúas illas, moi rochosas, ten moita vexetación. As illas son propiedade da Igrexa Ortodoxa Grega, que prohibiu a caza.[1] Hai unha gran presenza de aves, entre as que se pode atopar a Pardela cincenta (Calonectris diomedea) e paseriformes migratorias. Tamén hai unha gran migración primaveral de rulas (Streptopelia turtur).