Estorniño negro
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O estorniño negro[2][3] (Sturnus unicolor) é unha ave paseriforme da familia Sturnidae. Está estreitamente relacionado co estorniño pinto, S. vulgaris, pero ten unha distribución moito máis restrinxida, confinado na Península Ibérica, noroeste de África, parte máis meridional de Francia, e as illas de Sicilia, Sardeña e Córsega. En Galicia é unha ave sedentaria e moi común e un dos dous estorniños que se poden ver no país, xunto do estorniño pinto.[3] É unha ave esencialmente non migratoria.[4][5][6]
Estorniño negro | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En plumaxe invernal | |||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Debido á recente división do xénero Sturnus, esta especie e mais o estorniño común, son as únicas especies que quedan no xénero.[7][8] Ocasionalmente atópanse híbridos entre esta especie e o estorniño común onde as áreas reprodutoras de ambos se solapan no noroeste da Península Ibérica.[4][5]
O adulto é moi similar ao estorniño común, pero un pouco máis grande (21–23 cm de lonxitude; 70–100 g de peso), e ten unha plumaxe negra de aspecto aceitoso e máis escura, con brillos lixeiramente púrpuras ou verdes, que carece totalmente de pintas en primavera e verán, e só con moi poucas manchas claras pequenas en plumaxe de inverno, formadas polas puntas claras das plumas. Tamén difire por ter plumas na gorxa claramente máis grandes (dúa veces a lonxitude das que ten o estorniño común[4]), formando unha "barba" descoidada, que é especialmente visible cando a ave está cantando. As súas patas son rosas brillantes. En verán, o bico é amarelo cunha base azulada nos machos e unha base rosada nas femias; en inverno, é máis apagado, a miúdo anegrado. Os xoves son dunha cor marrón apagada, máis escura que a dos xoves de estorniño común, e teñen un bico negro e patas marróns.[6][9] A confusión co estorniño común é especialmente fácil durante o inverno, cando os estorniños comúns son abundantes na área de distribución do estorniño negro, pero tamén en verán onde se solapan as súas áreas de reprodución no nordeste de España e a parte máis ao sur de Francia.[6] Pode tamén confundirse co merlo común, Turdus merula, que se diferencia claramente pola súa cola máis longa e carecer de brillo na plumaxe.[9]
Igual que os estorniños comúns, máis que choutar camiña, e ten un voo directo potente, mostrando unhas ás de aspecto triangular e cola curta. É unha ave ruidosa e un bo imitador; as súas chamadas son similares ás do estorniño común, pero máis altas.[6]
O estorniño negro utiliza unha ampla variedade de hábitats e pode encontrarse en calquera ambiente aberto axeitado, desde terras agrícolas ou olivares a zonas habitadas por humanos. As maiores densidades de poboación danse en bosques de enciñas pastados, e hábitats urbanos como Xibraltar, onde é común.[5][10] A poboación creceu nas última décadas cunha expansión da súa área de distribución cara ao norte, espallándose por toda España (antes estaba ausente a partir do nordeste) entre 1950 e 1980, e colonizando localmente ao longo da costa sur de Francia desde 1983.[5][6] Igual que o seu parente máis común, é omnívoro, comendo unha gran variedade de invertebrados, bagas, e sobras proporcionadas por humanos. É gregario, formando bandadas de considerable tamaño, a miúdo mesturados cos estorniños comúns, de ata 100 000 en inverno.[4]
Aniña en cavidades en árbores, edificios e cantís. Normalmente pon de tres a cinco ovos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.