From Wikipedia, the free encyclopedia
Estitxu Fernandez Maritxalar, nada en Lesaka, o 2 de novembro de 1975 é unha psicóloga, bertsolari e presentadora de televisión navarra.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1975 (48 anos) Lesaka, España |
Actividade | |
Ocupación | bertsolari, xornalista |
Premios | |
| |
É bisneta do bertsolari Saiburu e sobriña de Markos Maritxalar [1]. Na década de 1990 participou Campionato de Navarra de Bertsolari oito veces, e chegou á final en 1996, 1997 e 1998. En 1997 tamén participou no Campionato Maior de Bertsolaris.
Estudou psicoloxía e traballou algún como psicóloga. Porén en 1998 comezou a colaborar como presentadora da televisión local do norte de Navarra, Ttipi-Ttapa e a partir de 1999 coa ETB. En 2000 e 2001 presentou o programa de TV Su Festa en ETB 1; e en 2001 Sorginen laratza, canda Xabier Euzkitze e Klaudio Landa, e nese ano presentou tamén Bertatik Bertara en substitución de Andoni Aizpuru. En 2002 presentou Bexamela e en 2003 Bizizaleak. Despois pasou a presentar o programa matinal dos domingos dedicado ao deporte Kirolez Kirol e á sección de deportes do informativo Gaur egun. Na radio presentou en Euskadi Irratia o programa Tartaria . En 2006, 2007, 2008, 2010 presentou o programa natalicio Euskal Kantuen Gaua
Tras deixar a televisión publicou en 2013 o libro Gure erditzearen jabe, sobre o parto consciente[2], e pasou a exercer como psicóloga perinatal[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.